Panadaria PANGARCOS, paga o que debes!
O venres 18 de maio tivo lugar a primeira concentración da CNT Compostela á porta da panadaria PANGARCOS para reclamar os pagos que os seus donos adebedan á nosa compañeira.
Este negocio, que presume de conxugar a tradición familiar de facer pan e outros productos co deseño máis moderno, é un exemplo, si, pero da falta de escrúpulos dos seus donos, que non dubidan en falsear nóminas, impoñer horas extra e despedir sen pagar o estabelecido pola lei ás súas empregadas. En fin, uns explotadores máis que aspiran a enriquecerse tiranizando ás súas traballadoras e roubándolles tras unha fachada de empresa tradicional e familiar.
Despois dunha primeira conversa na que se desentenderon das reclamacións da súa ex empregada, á quen adebedan máis de 10.000 euros, e derivaron o asunto á súa xestoría, os donos de PANGARCOS van coñecer de primeira man o que acontece cando se presume de negocio familiar e se xoga coa dignidade dunha traballadora.
Estaremos á porta do seu negocio ata que paguen o último céntimo que adebedan á nosa compañeira!
Porque se tocan a unha de nós, tocan a toda a CNT!
No hay comentarios:
Publicar un comentario