Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha série indefinida de recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 24 de
Marzo. A manifestación partirá da Alameda às 12:00 (desde o palco da música), para rematar na Praza do Oito de Marzo.
Sobran motivos para ir à folga
Tras o Decretazo do 30 de Decembro no que se aprobou un drástico recorte do gasto público, a suba do IRPF, a conxelación do emprego público e o posterior e bochornoso Acordo de CCOO, UGT e a CEOE de 25 de xaneiro, que estabeleceu que durante os próximos anos a clase obreira continuaremos a perder poder adquisitivo e que os empresários terán moito máis poder para cambiar as condicións laborais, sufrimos agora esta nova arremetida do Goberno contra os nosos direitos.
Reforma tras reforma, paso a paso, sen présa pero sen pausa, o gran capital e os monicreques que se turnan á fronte do Goberno para defender os seus intereses (González, Aznar, Zapatero, Rajoy) proseguen cos seus plans para desmantelar paulatinamente os escasos direitos que aínda nos quedan.
O PP xa anunciara que seria unha Reforma agresiva e así é:
- Reduce a indemnización por despedimento dos contratos indefinidos de 45 días por ano e 42 mensualidades como máximo a 33 días por ano e 24 mensualidades, amplia as causas do despedimento obxectivo con indemnización de 20 días por ano - as empresas poderán acoller-se a esta modalidade simplemente alegando que levan tres trimestres en situación negativa.
- Estabelece-se para as empresas de menos de 50 traballadores unha nova modalidade de contrato indefinido que ten un período de proba dun ano (durante o que o empresário pode despedir sen ningunha indemnización e sen ter a necesidade de alegar ningunha causa).
- Impulsa a contratación a tempo parcial e favorece-se a flexibilidade interna nas empresas. Os empresários poderán cambiar a xornada laboral e aplicar a mobilidade funcional, mesmo entre distintas categorias profesionais.
- Equiparan as ETTs cos servizos públicos de Emprego.
- Facilita que os empresários poidan descolgar-se do acordado nos convénios colectivos, a prórroga automática dos convénios terá unha duración máxima de dous anos. Falando en prata, poderán baixar os salários, modificar xornadas, e logo negociar convénios à baixa.
- Facilitan-se os despedimentos colectivos, as empresas xa non terán que ter autorización da
Administración para realizar EREs
- Os traballadores en paro que cobren prestacións terán que realizar traballos en benefício da comunidade.
- As mútuas patronais terán máis poder para controlar e presionar aos traballadores que se dean de baixa.
- Modifica-se o sistema de formación para o emprego.
- Estabelecen-se novas bonificacións á contratación para os empresarios.
A todo isto hai que engadir-lle os contínuos recortes en servizos públicos que vimos padecendo e sumar-lle as perdas de direitos laborais e sociais consecuéncia das últimas reformas do goberno de Zapatero.
Queda claro entón que sobran os motivos para ir à folga:
Porque traballamos mais, con menos direitos e por menos cartos... e todo é máis caro!!
Porque nos recortan a tod@s: na privada, na pública, aos parados, pensionistas/as
Porque non queren aforrar senon lucrarse privatizando os servizos públicos e impoñendo unhas condicións de traballo próprias do século XIX.
Porque o de tod@s goberna-se desde a ditadura dos mercados.
Porque non van parar... temos que pará-los!!
Por dignidade
É unha reforma inxusta, inmoral e ilexítima que ataca frontalmente os máis elementais direitos da clase obreira, por tanto, desde CNT chamamos a todos os traballadores e traballadoras á rebelión e a loita contra esta nova agresión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario